Un album familiar non está completo sen a foto deles.


Retrato de mascotas: gatos, cans, cabalos, sapoconchos...
Cubrimos todo tipo de eventos.


Facemos retratos fotográficos

Un retratista é quen consegue capturar a alma, a expresión que identifica un ser vivo como a pegada dactilar. Ese ollar inconfundible, ese xeito de ladear a cabeza, de atender... e até de mover as orellas. Non só facemos fotos: facemos retratos.


Reportaxes

Facemos reportaxes de eventos con animais e nos que participen animais. Concursos caninos, competicións deportivas ecuestres, exposicións, feiras e mostras.


Retratos

Somos especialistas en captar a esencia que identifica ao animal e a súa relación coa persoa que o acompaña. Usamos técnicas especiais para conseguir un ambiente de relaxación que permita que a túa mascota se mostre tal e como ti a coñeces. Desprazámonos á túa casa para traballar nun entorno que resulte amigable para o teu amigo peludo.


Foto publicitaria

Temos máis de 20 anos de experiencia no mundo da publicidade. A fotografía publicitaria con animais permitirá ilustrar as ofertas e servizos da calquera clínica veterinaria, perruquería canina ou negocio que teña que ver coas mascotas. Consúltanos.

Tarifas

Adaptámonos ás túas necesidades.
Se non encontras o que buscas ponte en contacto con nós.


  • Reportaxes
  • desde 150 € /sesión
  • Tes un evento con animais?
    contrata unha reportaxe
  • Competicións caninas
  • Exhibicións
  • Feiras equinas
  • Cóntanos a túa necesidade
  • Retratos
  • desde 49'90 €
  • As fotografías entréganse en formato físico nos seguintes tamaños. Outros formatos consultar.
  • Papel fotográfico
  • Tamaño Prezo Foto extra
    10x15cm 49,90€ 1 €
    15x22cm 50,60€ 2 €
    20x30cm 51,70€ 3 €
    30x45cm 54,70€ 6 €
    40x60cm 58,90€ 10 €
  • Cartón pluma 5mm
  • Tamaño Prezo Foto extra
    50x70 74,70€ 26 €
    70x100cm 74,70€ 26 €
    100x140cm 84,21€ 35 €
  • Cartel 120 g
  • Tamaño Prezo Foto extra
    70x100cm 93,32€ 44 €
  • Póster 220 g
  • Tamaño Prezo Foto extra
    70x100cm 111,14€ 62 €
  • Consulta outros formatos

  • Fotografía publicitaria
  • desde 220€
  • Pon un amigo peludo na túa publicidade.
  • Clínicas veterinarias.
  • Perruquerías caninas.
  • Roteiros a cabalo
  • Consultar condicións

Cóntanos os teus desexos


Dinos cal é a túa mascota e onde queres que vaiamos, enseguida nos poñeremos en contacto contigo.
Traballamos pola zona de Coruña nun radio de 20 km sen coste adicional.

Ou se prefires podes chamarnos ao tel. 651 054 722